Back

ⓘ Historia de Galicia



                                               

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos - kallaikoi segundo o autor grego Estrabón - unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia - terra dos callaeci -, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa. O feito de que ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de prov ...

                                               

Historia de Galicia (homónimos)

Co título de Historia de Galicia ou Historia de Galiza, e outras variantes, escribíronse diversas obras relativas á historia de Galicia: A Historia de Galicia: o máxico arrecendo, 1992, Francisco Bueno et al., Vía Láctea, cómic, ISBN 84-86531-74-8. Historia de Galicia, publicada en 2004, de Hortensio Sobrado Correa, ISBN 8495364220 en castelán. Nova Historia de Galicia, 1996, Tambre, de Vázquez, Bermejo, Fernández, Portela, Pallares, Pérez, Villares e Fernández, ISBN 84-88681-27-5. Historia Contemporánea de Galicia, 2005, Barcelona, de Juana et al., ISBN 8434467909 castelán. Historia breve ...

                                               

Historia da moeda en Galicia

Antes da chegada dos romanos, os pobos que se asentaban no territorio que hoxe comprende Galicia non coñecían a moeda. Os seus intercambios comerciais baseábanse no troco. Estrabón fala do uso nestas terras de pequenas placas de prata para seren utilizadas no cambio, mais arqueoloxicamente non hai ningunha evidencia da súa utilización. As primeiras moedas das que hai evidencia arqueolóxica son ibéricas e romanas que se atoparon nos castros galegos, aínda que en realidade estivesen incluídas en botíns de incursións guerreiras realizadas no século II e I a.C.

                                               

A gran historia de Galicia

Publicouse anos 2007 e 2008, co patrocino da Fundación Caixagalicia, e foi distribuída polo xornal La Voz de Galicia co gallo do seu 125 aniversario. Está considerada como bibliografía básica nas facultades de historia de Galicia.

                                               

Historia do cinema de Galicia

A década de 1970 supuxo un cambio coa aparición de grupos de afeccionados que comezan a filmar curtametraxes. O primeiro foi o grupo Lupa, nado en 1971 en Santiago de Compostela e formado por Euloxio Ruibal, Félix Casado e Roberto Vidal Bolaño, todos eles ligados ao teatro. Outros dous grupo con gran número de participantes foron Imaxe e Club Amateur. Neste grupo participou Enrique Rodríguez Baixeras, que xa impulsara o grupo Enroba, no que dirixira filmes como A morte do mariscal 1973 ou O documento 1974, sobre un conto de Ánxel Fole. Outros autores independentes foron Eloy Lozano Retorno ...

                                               

Historia de Galicia (Faro de Vigo)

Historia de Galicia é o título dunha obra temática, en lingua castelá, sobre a historia de Galicia, composta por catro tomos, obra de varios historiadores galegos, publicada por Faro de Vigo en 1991.

                                               

Historia de Galicia (1991)

Dúas obras temáticas publicadas en 1991 levaron o título de Historia de Galicia. A saber: Historia de Galicia, 1991, Faro de Vigo. Dir. Villares, coord. Mato, 4 t., 1.008 p., ISBN 84-404-9520-X castelán.

                                               

Flamia

Flamia é o nome que recibía antigamente unha illa da costa de Galicia, que corresponde probablemente a unha das illas Cíes. É nomeada en documentos do século XII, como unha daquelas nas que fondeaban galeras almorábides esperando unha oportunidade para desembarcar á súa xente e saquear o litoral.

                                               

HISTAGRA

A súa investigación está centrada na Historia Agraria e Política do Mundo Rural, nos séculos XIX e XX. Consituíuse en 2006 e funcionou tamén en 2010, 2013 e 2017. En 2016 organizaron o congreso 1936. Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria. En 2020 colaborou na Querela arxentina contra os crimes do franquismo.

Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur
                                               

Hoc hic mysterium fidei firmiter profitemur

A súa tradución literal é: Aquí confesamos firmemente este misterio da fe ", e alude ao feito de estar o Santo Sacramento exposto ininterrompidamente no altar da catedral lucense, feito excepcional ademais de privilexiado que posúe xa dende a Idade Media ata a actualidade e que lle valeu a Lugo o sobrenome de A Cidade do Sacramento ". O propio lema foi trasladado dende o escudo do reino de Galicia, onde o atopamos en representacións gráficas a partir do século XVII.

                                               

Lamento da Frouseira

O Lamento da Frouseira é un cantar de carácter dramático, escrito en galego, composto a finais do século XV ou comezos do XVI, de autoría descoñecida ata o momento. Composto de catro estrofas, conmemora o sitio que as tropas dos Reis Católicos inferiron ao nobre galego Pedro Pardo de Cela durante case dous anos, entre 1481 e 1483, no antigo Castelo da Frouxeira Santa Cilla do Valadouro, Foz, facendo fincapé na derrota do galego pola traizón levada a cabo polo coñecido como Cofano do Valadouro.

                                               

Neogoticismo

O neogoticismo foi unha ideoloxía de longa duración, orixinada a finais do século IX na corte ovetense de Afonso III. De longa duración na historia, tiña por obxectivo a presentar a monarquía cristiá da Gallaecia, como continuadora directa dos exércitos visigodos, e por tanto lexitimizar as conquistas e a guerra santa contra os territorios musulmáns en Al-Andalus. A Crónica de Afonso III, mandada redactar polo propio rei, supuxo a primeira pedra na construción desta ideoloxía.

                                               

Vicerrei de Galicia

O vicerrei de Galiza era o representante do rei en Galiza. A súa instauración tivo lugar ao pouco tempo da viaxe que os Reis Católicos realizaron a Santiago de Compostela en 1486, co que se deu por finalizado o proceso de toma de control do reino. Algúns dos vicerreis de Galiza foron: Lorenzo IV Suárez de Figueroa y Córdoba, Guillén Ramón de Moncada y Castro e Tomás de la Cerda y Aragón.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →