Back

ⓘ Economía de Galicia



                                               

Economía de Galicia

A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación, a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

                                               

Revista de Economía de Galicia

Revista de Economía de Galicia foi unha revista de economía galega, publicada pola Editorial Galaxia entre os anos 1958 e1968. Editáronse 66 números, sendo dirixida entre os anos 1958-1963 por Xaime Isla Couto e entre o 1963-1968 por Xosé Manuel Beiras, materialmente, aínda que na revista figura como subdirector primeiro e codirector despois.

                                               

Economía

Economía é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía, céntrase no comportamento e as interaccións dos axentes económicos e en cales son os mecanismos da actividade económica. A microeconomía trata dos axentes individuais, como fogares e empresas, e os mercados. A macroeconomía considera a economía na súa totalidade e factores que lle afectan, incluíndo o emprego de recursos traballo, capital e terra, a inflación, o crecemento económico, e as políticas públicas que dirixen estes factores políticas monetaria, fiscal e outras. ...

                                               

O atraso económico de Galicia

O atraso económico de Galicia, título da primeira edición, é un ensaio escrito polo intelectual galeguista Xosé Manuel Beiras Torrado.

                                               

Consellería de Economía, Emprego e Industria

A Consellería de Economía e Industria é unha consellería da Xunta de Galicia que se ocupa da política enerxética, da planificación económica e empresarial e da promoción industrial.

                                               

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

                                               

Consellería de Economía

A Consellería de Economía foi unha antiga consellaría da Xunta de Galicia que se ocupou da planificación económica. As súas competencias actuais foron incorporadas á Consellería de Economía e Industria.

                                               

Economía de Vigo

A economía da comarca viguesa caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada vencellada ao sector pesqueiro, á industria e aos servizos. Entre os motores da economía de Vigo está a industria automobilística, liderada por PSA Peugeot Citroen, que ten no concello a súa primeira factoría en importancia de Europa, ao producir en 2007 un total de 547 mil vehículos, dos cales máis do 88% foron exportados fóra de España. Así mesmo, son moi importantes a construción naval e o sector pesqueiro en todas as súas vertentes, dende a industria extractiva, armadores, ata a comercial, coas ...

                                               

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis prata e bronce e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriñ ...

                                               

Consellería de Facenda

A Consellería de Facenda é o órgano da Xunta de Galicia encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Galicia e da recadación de impostos. A súa titular actual é Valeriano Martínez García.

                                               

Galicia Hoxe

Galicia Hoxe é un xornal dixital galego que, primeiramente en papel, se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego. Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares, e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número en papel saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche da edición en papel hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia. ...

                                               

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria. As Festas de Interese Turístico Nacional de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

                                               

Agricultura de Galicia

Tradicionalmente, a agricultura galega, caracterizada polo minifundismo, baseouse no policultivo e no traballo intensivo. Nos últimos tempos, o sector experimentou cambios profundos de cara á súa modernización.

                                               

Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria pero con personalidade xurídica propia, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes. A Axencia creouse o 12 de xaneiro do ano 2012 polo o Decreto 50/2012, no que se aprobaron os seus estatutos, que se modificaron polo Decreto 15/2014, do 6 de febreiro, ...

                                               

Central térmica de Sabón

A central térmica de Sabón é unha central térmica xa pechada, situada no polígono industrial de Sabón, no municipio de Arteixo. Estaba integrada por dúas unidades, a antiga de fueloil de 480 MW e a outra de ciclo combinado cunha potencia de 400 MW que empezou a funcionar ano 2008. Foi creada por Fenosa, e despois pasou a ser propiedade da empresa Naturgy. Está situada a unha altitude de 30 msnm, limitada ao norte por Punta Cancela e a poboación de Rañobre, ao leste polo encoro de Rosadoiro, ao sur polo polígono industrial de Sabón e ao oeste pola praia da Alba. A central de fuel constaba d ...

                                               

Comar

O Grupo Comar é un conglomerado galego de máis de 60 empresas, coñecido principalmente por se dedicar aos xogos de azar. Foi fundado en 1984 por José Collazo Mato e ten a súa sede na cidade da Coruña.

                                               

Concentración parcelaria

A concentración parcelaria ou parcelaria é un procedemento administrativo da Xunta de Galicia polo cal a Consellería do Medio Rural busca a redución do número de parcelas e o seu agrupamento nunha determinada zona en concreto e limitado ao concello no que se realiza para aumentar a rendibilidade dos recursos agrarios e forestais. Este agrupamento de parcelas pasará a chamarse leiras, e supón a mellora e construción de máis accesos ás novas leiras. Dende os anos 1980 en Galicia lévanse concentrado 416.504 hectáreas cun custo duns 1.200 millóns de euros.

                                               

Estai (barco)

O Estai foi un barco arrastreiro galego, con base en Vigo, famoso por ser apreixado polo goberno do Canadá no marco da así chamada guerra do fletán. Aínda que segue navegando, xa non o fai baixo o mesmo nome, senón baixo o de Argos Galicia.

                                               

EVO Banco

EVO Banco é unha entidade financeira española que foi creada por NCG Banco, S.A. o 12 de marzo de 2012 como marca comercial para operar financeiramente en España fóra do ámbito do negocio de NCG Banco. Dende 2014 é propiedade do fondo de investimento estadounidense Apollo Global Management, LLC.

                                               

Fexdega

A Fundación Feiras e Exposicións para o Desenvolvemento de Galicia é unha fundación sen actividade actual que organizaba feiras de todo tipo no concello de Vilagarcía de Arousa. O recinto no que se desenvolvían ditas actividades está no lugar da Maroma, e aínda que a actividade de FEXDEGA é practicamente nula por mor da crise económica de 2008, o recinto segue a albergar eventos e os vilagarciáns seguen a coñecelo co nome da fundación. Tal recinto conta con 40 000 metros cadrados, 11 000 deles cubertos.

                                               

Fraude das preferentes en Galicia

A estafa das preferentes e subordinadas en Galicia fai referencia á fraude bancar na emisión e venda de accións preferentes por bancos e caixas galegas, que viñan realizando desde os anos 1990 e que se intesificou a partir de 2003, especialmente entre o 2009 e o 2011, período que abrangue a etapa de maior burbulla inmobiliaria e a crise das hipotecas subprime no Estados Unidos. A fraude das accións preferentes radicaba na venda de accións e outros activos bancarios complexos a clientes de clase socioeconómica media e baixa, Un relatorio do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria FROB e ...

                                               

La Arzuana

La Arzuana, máis tarde coñecida como Hilados y Tejidos de Vilasantar, foi unha fábrica de tecidos situada na parroquia de Présaras, no concello coruñés de Vilasantar, que funcionou dende 1882 ata 1962.

                                               

Lista de encoros de Galicia

Esta é unha lista de encoros de Galicia, ordenada por provincias e cos nomes dos ríos nos que se atopan. A maior parte deles son de aproveitamento hidroeléctrico, e algúns outros son para o consumo de auga potable nos núcleos urbanos.

                                               

Mercado Municipal de Santo Agostiño

O Mercado Municipal de Santo Agostiño, comunmente coñecido polo seu nome en español Mercado de San Agustín, é un mercado de alimentación ou praza de abastos propiedade do Concello da Coruña. Foi construído entre 1932 e 1938 baixo deseño dos arquitectos municipais Antonio Tenreiro e Santiago Rey Pedreira sobre os terreos doutro mercado preexistente que contaba con equipamentos moito máis básicos. Desde 1898, distintos autores como Pedro Mariño e Antonio de Mesa xa aportaran tres proxectos de mercados de ferro, todos rexeitados por cuestións económicas. Xa que no período de entreguerras, unh ...

                                               

Parque eólico do Vilán

O parque eólico do Vilán foi o primeiro parque eólico de Galicia, inaugurado en 1991. Está situado no concello de Camariñas, e é propiedade da empresa Naturgy. Nos seus comezos constaba de 22 xeradores Vestas de 100 kW ou 200 kW cada un, ós que se engadiron en 1992 20 xeradores MADE de 180 kW. En 2016 foron substituídos os antigos aeroxeradores por dous novos, cunha potencia total de 5.46 MW. Os actuais son aeroxeradores Vestas V-90, de 3 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxe de 80 m e un diámetro de rotor de 90 metros. Estímase unha xeración de máis de 20 GWh anuais, consumo eléct ...

                                               

Pesca en Galicia

O sector pesqueiro de Galicia, que abrangue todas as actividades relacionadas coa pesca extractiva, o marisqueo e a acuicultura, continúa a ser un dos primeiros eixos da economía galega. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística IGE, ano 2004 a cifra de negocio deste sector bateu a barreira dos 1.000 millóns de euros. Ademais da facturación directa, esta actividade estimula o funcionamento doutros moitos axentes económicos en Galicia. De feito, do sector pesqueiro galego dependen non só os máis de 25.700 mariñeiros, acuicultores e mariscadores que faenan habitualmente senón tamén ...

                                               

Plan Galicia

O Plan Galicia foi un conxunto de medidas económicas aprobadas polo Consello de Ministros o 23 de xaneiro de 2003, co obxectivo de paliar as consecuencias da catástrofe provocada polo naufraxio do Prestige o 19 de novembro de 2002. A cantidade orzada, 12.459 millóns de euros, representaba case o dobre do orzamento anual da Xunta de Galicia tamén o dobre do investimento estatal na Expo92 en Sevilla e dez veces máis có da Olimpíada de Barcelona. O Plan Galicia presentouse como complementario do aprobado días antes pola Xunta, por un valor de 1.663 millóns de euros.

                                               

Salón do Automóbil de Vigo

O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Feiral de Vigo, dende o ano 1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo de España, só por detrás do Salón do Automóbil da Fira de Barcelona.

                                               

Semana Verde de Galicia

A Semana Verde de Galicia é unha importante feira do sector primario celebrada anualmente nos meses de maio ou xuño na localidade pontevedresa de Silleda. Comezouse a celebrar ano 1978. Para a celebración do evento habilitouse un recinto feiral que se rematou de construír ano 1996 cando foi inaugurado polo rei Xoán Carlos I. Este recinto adoita coñecerse polo nome da feira, sendo habituais as expresións o recinto da Semana Verde ou a Semana Verde.

                                               

Suelo Empresarial del Atlántico

Suelo Empresarial del Atlántico S. L. é unha sociedade limitada constituída ano 2003 e participada nun 83.44 % polo Ministerio de Fomento de España a través da entidade estatal de solo SEPES, nun 14.26 % pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun 1.65 % por Abanca e un 0.65 % pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é o desenvolvemento e comercialización de parques empresariais en todo o territorio galego. En xuño de 2013 foi aprobada a súa fusión con Suelo Industrial de Galicia S. A., sociedade par ...

                                               

Galería de imaxes de Ence, Galicia

ENCE S.A. é un grupo empresarial forestal español que posúe tres plantas en Galicia, a máis antiga en Lourizán, Pontevedra.

Parques eólicos en Galicia
                                               

Parques eólicos en Galicia

A explotación eólica en Galiza a nivel industrial para a produción de enerxía eléctrica iniciouse en Cabo Vilán, Camariñas. Instaláronse 22 aeroxeradores en 1989. A potencia eléctrica eólica total instalada nos parques eólicos en Galiza a 2012 era de máis de 3.3 xiga vatios.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →