Back

ⓘ Referencia



                                               

Sistema de referencia

En cinemática, un sistema de referencia é un conxunto de convencións para poder referir a posición dun obxecto físico no tempo e o espazo. En mecánica clásica frecuentemente úsase o termo para referirse a un sistema de coordenadas ortogonais para o espazo euclídeo.

                                               

Referendo

Un referendo é un procedemento xurídico polo que se somete a votación popular unha cuestión lexislativa, constitucional ou sobre calquera outra proposta para que o electorado se pronuncie sobre a súa aprobación ou o seu rexeitamento, é dicir a súa ratificación ou non. É o mecanismo de democracia directa por antonomasia. Na Constitución española vixente recoñécense dous tipos de referendos, un de carácter consultivo atópase regulado no artigo 92, e outros vinculantes referidos a mudanzas constitucionais e aprobación de estatutos de autonomía.

                                               

Referendo do estatuto de autonomía de Galicia de 1980

O referendo de autonomía de Galicia de 1980 celebrouse o 21 de decembro, no que votou o 28.26% do censo electoral. Dos 614 218 votos emitidos, 450 556 foron a prol, 121 448 en contra e 28 381 en branco. A pregunta do referendo foi" Acepta o proxecto de autonomía para Galicia?”. A participación xa se supuña que sería baixa polo que na campaña oficial se empregou o lema" Aínda que chova, vota”.

                                               

Elipsoide de referencia

En xeodesia, un elipsoide de referencia é unha superficie definida matematicamente que aproxima o xeoide ou outro corpo planetario. Debido á súa relativa simplicidade, os elipsoides de referencia empréganse como a superficie preferida en que se representan as computacións da rede xeodésica e sobre a que se definen coordenadas como a latitude, a lonxitude e a elevación. No contexto da estandarización das aplicacións xeográficas, un elipsoide xeodésico de referencia é un modelo matemático empregado como fundamento polas definicións de sistema de referencia espacial ou datum xeodésico.

                                               

Referendo de autonomía de Cataluña de 1979

O referendo de autonomía de Cataluña celebrouse o 25 de outubro de 1979 e serviu para aprobar o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979. A participación foi dun 59.7% cun 88.6% de votos afirmativos e un 7.8% de negativos. Posteriormente, o texto foi ratificado polos plenos do Congreso dos Deputados e do Senado de España e sancionado e promulgado uns días máis tarde polo rei Xoán Carlos I. A xornada estivo marcada per unha forte chuvia e cadrou co referendo para aprobar o Estatuto de Autonomía do País Vasco de 1979.

                                               

Referendo de autonomía de Cataluña de 1931

O referendo de autonomía de Cataluña, co obxectivo de aprobar o Estatuto de Núria, celebrouse en Cataluña o 2 de agosto de 1931. Participou arredor dun 75% do censo, formado por homes adultos de máis de 25 anos, e o resultado foi afirmativo nun 99%. As mulleres, que non podían votar segundo a lei, reuniron unhas 400.000 sinaturas de adhesión ó Estatuto de Núria. Posteriormente á redacción do ante proxecto, este foi aprobado sucesivamente pola deputación provisional, pola Generalitat e pola poboación do Principado. A consulta lévase a cabo en dúas fases, o 26 de xullo o texto de Núria foi a ...

                                               

Referendo escocés de 1997

Para ver información sobre consultas anteriores, ver referendo escocés de 1979 O Referendo escocés foi unha consulta popular que se lle fixo á cidadanía escocesa o 11 de setembro de 1997 sobre o que se coñeceu como a devolución do parlamento, isto é, a creación dunha cámara lexislativa propia. O resultado foi afirmativo.

                                               

Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación

O marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación é un estándar que pretende servir de patrón internacional para medir o nivel de comprensión e expresión oral e escrita nas diferentes linguas. O proxecto foi desenvolvido polo Consello de Europa en base a unha proposta feita nun congreso internacional celebrado en Suíza en novembro de 1991.

                                               

Alfabeto africano de referencia

O Alfabeto africano de referencia é un alfabeto baseado no alfabeto latino proposto nunha conferencia organizada pola UNESCO en 1978. Foi creado para harmonizar as transcricións das linguas de África. O alfabeto ten como base a idea de relacionar unha letra para cada fonema, evitando os dígrafos.

                                               

Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017

O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017. Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.

                                               

Guinness World Records

O Guinness World Records, traducible como Libro Guinness dos Récords, é un libro de consulta publicado anualmente, que contén unha colección de marcas mundiais recoñecidas internacionalmente. Estas marcas inclúen tanto fazañas humanas como os parámetros extremos coñecidos do mundo natural. Cada edición contén un extracto da gran base de datos de marcas de Guinness, e a selección dos incluídos varía con cada ano de publicación. En anos recentes, moitas marcas relacionadas coa cultura popular actual foron agregados ao libro. O Libro Guinness de Récords é o libro con copyright máis vendido do ...

                                               

Referencia

O termo referencia pode referirse á: Signo ou conxunto de signos que serven como denotación de valor relativo a un obxecto ou conxunto de obxectos. Sistema de referencia

Gold standard
                                               

Gold standard

En medicina e estatística, o termo gold standard ou proba de referencia emprégase para se referir á mellor proba de diagnóstico dispoñíbel en condicións razonábeis. Non ten por que ser necesariamente a proba máis efectiva. Por exemplo, en medicina, unha autopsia pode ser a mellor proba para ter un diagnóstico exacto. Neste caso, a proba de referencia é menos precisa que a autopsia.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →