Back

ⓘ Arte e Cultura



                                               

Arte clásica

Arte e cultura clásicas son conceptos que inclúen a literatura clásica ou grecorromana: as distintas formas da literatura grega e a literatura latina ; e no eido da arte non só as denominadas belas artes, senón tamén todas as artes menores. Tamén forman parte da civilización clásica ou civilización grecorromana os demais trazos da súa cultura, crenzas mitoloxía clásica -mitoloxía grega, mitoloxía romana- e mesmo da súa vida cotiá costumes da Antiga Grecia, costumes da Antiga Roma, así como a súa economía, sociedade e organización política, militar e relixiosa relixión grega, relixión roman ...

                                               

Arte da Roma antiga

A arte da Roma antiga ou arte romana foi unha das manifestacións máis importantes da cultura de Roma, e é unha das máis ricas fontes de estudo para a comprensión do mundo romano como un todo. Os romanos derivaron a súa arte orixinalmente dos pobos itálicos que habitaban na súa contorna. Entre eles destacáronse os etruscos, que no período da monarquía dominaron os romanos política e culturalmente. No entanto, a cultura etrusca baseárase moito na grega, transmitíndose aos romanos esta influencia precoz. Axiña, no seu proceso de expansión territorial, os romanos entrarían en contacto directo ...

                                               

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España, foi o órgano de Goberno da Administración Xeral do Estado, encargado da administración e conservación dos organismos educativos públicos de España, así como de distribuír os Presupostos Xerais do Estado entre os seus organismos. O MEC tamén foi o encargado de fomentar a ciencia e os organismos que nela se desenvolven.

                                               

Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame 1979. Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

                                               

Arte celta

A Arte celta é a arte asociada cos pobos coñecidos como celtas; aqueles que falaban linguas celtas en Europa dende o período da prehistoria ata a idade moderna, así como a arte de pobos antigos, cuxa lingua é incerta, pero que teñen semellanzas culturais de estilo cos falantes de linguas celtas. A arte celta é un termo difícil de definir, abarcando unha extensión enorme dende o punto de vista da xeografía, do tempo e das culturas. Comeza coa continuidade artística en Europa a partir da Idade de Bronce, de feito a anterior etapa do Neolítico. Con todo, os arqueólogos xeralmente usan a denom ...

                                               

Arte asturiana

A arte asturiana ou prerrománico asturiano é un estilo artístico do prerománico, localizado na zona á beira do mar Cantábrico que quedou libre da ocupación musulmá a finais do século VIII. Estivo vixente até o comezo do século X, cando se adoptou a arte románica procedente de Francia. Aínda que é sucesor do estilo visigótico, non se pode dicir que a arte asturiana sexa herdeira lexítima súa, xa que non conserva máis que algún dos seus elementos principais com é o arco de ferradura. Malia que ó comezo foi unha imitación da devandita arte, axiña se manifestou con novos e orixinais elementos ...

                                               

Nudez na arte

A nudez na arte refírese á nudez en tódalas disciplinas artísticas, incluídas composicións vernáculas e históricas. A nudez na arte reflectiu polo xeral - aínda que con algunhas excepcións - os estándares sociais para a estética e a moralidade na época en que se realizou a pintura, escultura ou máis recentemente a fotografía. Desde épocas prehistóricas, as representacións do corpo espido foron un tema central da arte. Moitas culturas toleran a nudez na arte en maior medida que a nudez na realidade, con diferentes estándares sobre que é aceptable. Por exemplo, aínda nun museo no cal se most ...

                                               

Arte grega

A arte grega e un estilo elaborado polos antigos gregos, que caracterizase pola busca da beleza ideal, onde se recreaba o mundo ideal do modelo platónico, mediante unha imitación. Tivo unha grande influencia na cultura de moitos países desde tempos antigos ata o presente, particularmente na escultura e na arquitectura. A arte romana derivou principalmente de modelos gregos. Desde o Renacemento en Europa a estética humanista e os estándares técnicos da arte grega inspiraron a xeracións de artistas.

                                               

Entrelazado (arte)

O entrelazado é un elemento decorativo propio da arte medieval. Nos entrelazados, partes doutros motivos únense, trenzados ou anoados, en complexos patróns xeométricos, a miúdo usados para encher enpazos en baleiro. O entrelazado é común en Europa do norte na arte dos pobos xermánicos, e especialmente na arte insular das Illas Británicas e na arte islámica. Galicia tamén conta con elementos de entrelazado dende a cultura castrexa até a época moderna.

                                               

Obra de arte

Na arte, unha obra de arte é unha creación, tal como unha composición musical, un libro, unha película, un gravado, unha escultura ou unha pintura, que foi feita coa finalidade de ou ben ser un obxecto de beleza en si mesmo ou ben unha expresión simbólica ou ben a representación dun concepto determinado. O oposto é un obxecto práctico ou útil, aínda que ben pode acontecer que un obxecto sexa varias cousas ao mesmo tempo. A partir do modernismo, o eido da arte espallouse incluíndo á fotografía, á cinematografía, a arte de performance ou execución, a arte conceptual, e a arte en vídeo. Na ar ...

                                               

Art & Architecture Thesaurus

O Art & Architecture Thesaurus é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte. O AAT é un dicionario de sinónimos en conformidade con ISO e estándares de NISO que inclúen ISO 2788, ISO 25964 e NISO/de ANSI Z39.19. O AAT é un vocabulario estruturado con preto de 44 000 conceptos, incluíndo 131 000 ...

                                               

Historia da arte occidental

A historia da arte occidental redúcese en gran parte á historia da arte europea dende a Idade Media e á arte clásica greco-romana; así como ao comezo da arte xunto coa historia nas civilizacións que se consideran os seus precedentes. As manifestacións artísticas de épocas anteriores no continente europeo e a conca do Mediterráneo son moi diversas, pois aínda que algunhas están moi afastadas no tempo e presentan unha gran distancia cultural ; outras non. A causa desa limitación ten que ver, como é lóxico, con que o estudo da historia da arte nace como disciplina no Renacemento italiano; e c ...

                                               

Autor

O termo autor pode ter diferentes definicións: O que realiza un determinado acto. O causante de algo: O autor do crime está no cárcere. O suxeito activo dun delito, ben por acción, ben por omisión. En narratoloxía, por autor enténdese autor implícito. Quen realiza unha obra artística, literaria ou científica: Premiaron ó autor deste libro. A parte demandante nun xuízo.

                                               

Careta

Unha careta, caranta, carantoña, carauta, caroza ou máscara é un obxecto de papel ou de plástico que representa unha cara grotesca e que se utiliza para cubrir e ocultar o rostro. Emprégase sobre todo na festa do entroido, e tamén foi moi utilizado no teatro, desde as civilizacións antigas aos nosos días.

                                               

Cerámica

A cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas despois de lles dar a forma mediante un moldeado. Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro. A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela. Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.

                                               

Cerámica de Sargadelos

A cerámica de Sargadelos é unha famosa cerámica galega elaborada en Sargadelos, no municipio de Cervo. A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos - ao que pertence igualmente a cerámica de Castro-Sada - grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis. O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.

                                               

Cultura urbana

Cultura urbana, ás veces tamén denominada en plural como culturas urbanas, fai referencia ao conxunto de prácticas culturais, artísticas e deportivas levadas a cabo nun espazo urbano, é dicir, nas cidades e vilas. É común a catalogación da chamada cultura urbana como unha subcultura ou, en ocasións, unha rama da contracultura.

                                               

Debuxo

O debuxo, máis ca unha técnica gráfica baseada no uso da liña, é a expresión dunha imaxe que se fai de forma manual, e dicir, usase a man para realizalo. Os materiais que se poden usar son moitos, coma tamén a superficie onde se pode facer. Os máis usados son o papel como soporte e o lapis como instrumento, e actualmente usase o ordenador cun lapiseiro óptico ou un rato.

                                               

Estatuas e retratos de monarcas hispanos

A maioría destas estatuas son parte da serie de estatuas dedicadas a todos os monarcas de España que foron esculpidas en pedra branca, mandadas facer para a decoración do Palacio Real de Madrid no reinado de Fernando VI. Nun principio a idea era que adornasen a cornixa do palacio. Os autores son Olivieri e Felipe de Castro. Parece ser que nunca chegaron ao seu destino e instaláronse en distintos lugares da cidade algunhas outras leváronse a outras provincias. As dos monarcas do reino de Navarra enviáronse a Pamplona, e están colocadas no Paseo de Sarasate.

                                               

Greco-budismo

O greco-budismo consiste no sincretismo cultural entre a cultura grega e o budismo. Desenvolveuse durante 800 anos, entre o século IV a.C. e o século V d.C. na Asia Central, no territorio que actualmente constitúe os estados do Afganistán e Paquistán. O greco-budismo influenciou o desenvolvemento artístico do budismo - en especial da escola Mahayana - antes de súa adopción no centro e no nordeste de Asia a partir do século I d. C., e posterior chegada á China, a Corea e o Xapón.

                                               

Instalación

Unha Instalación de arte é un xénero de arte contemporánea que tomou grande importancia a partir da década de 1970. As instalacións incorporan calquera medio para crear unha experiencia visceral ou conceptual nun ambiente determinado. Os artistas de instalacións polo xeral utilizan directamente o espazo das galerías de arte. Moitos encontran as orixes deste movemento en artistas como Marcel Duchamp e o uso de obxectos cotiáns resignificados como obra artística, máis cá apreciación da escultura tradicional que se basea no traballo artístico. A intención do artista é primordial en cada insta ...

                                               

Posmodernismo

O termo posmodernismo designa xeralmente a un amplo número de movementos artísticos, culturais e filosóficos do século XX, definidos en diverso grao e maneira pola súa oposición ou superación do modernismo.

                                               

Repositorio institucional

Un repositorio institucional, tamén denominado depósito institucional, é unha colección dixital que almacena e preserva a produción intelectual dunha comunidade académica ou de varias. Pode conter información de tipos distintos, coma teses, preprints, postprints, informes, materiais de ensinanza etc. en acceso libre. De acordo coa Declaración de Berlín os repositorios deberán ser acumulativos e perpetuos. Un exemplo deste tipo é o RepositoriUM da Universidade do Minho, ou Digital Academic Repositories, da Universidade de Ámsterdam. En Galicia cómpre sinalar os repositorios Investigo, da Un ...

                                               

Século de Ouro

O Século de Ouro é o período histórico do século XVII, no que a literatura en castelán e as artes en España acadan un dos seus mellores niveis. Durante os reinados de Filipe III e Filipe IV, autores -como Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Francisco de Quevedo ou Calderón de la Barca-, pintores e músicos de España fan que as letras castelás e as artes hispanas sexan admiradas por toda Europa. Talvez sería máis apropiado falar dos Séculos de Ouro, en plural, pois abarcan a época clásica ou de apoxeo da cultura española tanto do Renacemento século XVI como do Barroco século XVII. Existen dúa ...

                                               

Terracota

A terracota é a arxila modelada e endurecida ao forno, fundamento dos traballos de cerámica, utilizada tanto para recipientes como para a realización de esculturas e decoración arquitectónica. Ata en Etruria, durante os séculos III e II a.C., utilizouse para a elaboración de sarcófagos. En Merimde foi empregada desde o cuarto milenio a.C.

Santiago Peregrino
                                               

Santiago Peregrino

Santiago Peregrino é unha imaxe iconográfica de Santiago o Maior que se orixinou en Francia ao identificarse o apóstolo cos peregrinos que facían o Camiño de Santiago e que se caracteriza por levar o apóstolo os atributos dos peregrinos. Converteuse na imaxe máis popular do apóstolo na Baixa Idade Media

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →