Back

ⓘ Cultura



                                               

Cultura

Cultura é un termo con varias acepcións, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. Segundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Pola súa quenda, en bioloxía unha cultura é normalmente unha creación especial de organismos en xeral microscópicos para fins determinados por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos etc. No día-a-día das sociedades civilizadas especialmente a sociedade occidental e no vulgo acostuma ser asociada á adquisición de coñecementos e prácticas de vida ...

                                               

Capital Europea da Cultura

A Capital Europea da Cultura é unha iniciativa da Unión Europea que ten por obxectivo a promoción dunha cidade de Europa por un período dun ano durante o cal a cidade posúe unha oportunidade de mostrar a Europa a súa vida e desenvolvemento cultural, permitindo un mellor coñecemento mutuo entre os cidadáns da Unión Europea. Esta iniciativa comezou en 1985 co nome de Cidade Europea da Cultura. Só se nomeaba unha cidade por ano, sendo a responsabilidade da organización do evento do Estado membro ao cal pertencía esa cidade e sucedíanse por orde alfabética dos países. En 1990, o Consello de Mi ...

                                               

Cultura Tumaco-La Tolita

A cultura de Tumaco-La Tolita foi unha cultura precolombiana que se difundiu pola rexión costeira de Colombia e Ecuador. Dous dos xacementos máis notables desta cultura amerindia son Tumaco e La Tolita, dos que toma o seu nome. A evidencia arqueolóxica dispoñible desta cultura é antiga no caso do sitio de La Tolita, cuxos materiais foron datados arredor do ano 600 a.C., mentres que en Tumaco as datas máis antigas corresponden a 300 a.C.

                                               

Cultura dos Campos de Urnas

A coñecida como cultura dos campos de urnas ou cultura sorotáptica é un ritual da cultura indoeuropea da Idade de Bronce de Europa central, caracterizada polas súas necrópoles de incineración e a grande expansión que levaron a cabo no século -XIII.

                                               

Cultura Kurgan

A cultura Kurgan foi unha hipotética cultura neolítica nómade e gandeira, desenvolvida cara ao V milenio antes de Cristo en adiante nas chairas situadas ó nordeste do mar Negro e nos lugares cara os que se expandiu. A hipótese da existencia desta cultura creouna Marija Gimbutas, e nela combina arqueoloxía e lingüística para situar a sede orixinaria dos pobos falantes do protoindoeuropeo. É a primeira cultura indoeuropea, e polo tanto, a polémica en séculos pasados causada pola Urheimat patria ancestral dos indoeuropeos, é establecida segundo as hipóteses de Gimbutas nas chairas meridionais ...

                                               

Ministerio de Cultura de España

O Ministerio de Cultura de España foi, en distintas épocas da historia de España, o departamento ministerial encargado da promoción e protección do patrimonio histórico español, dos museos, bibliotecas e arquivos estatais e da promoción e difusión das artes e do libro. En coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores de Cooperación tamén se chegou a ocupar do impulso da cooperación e das relacións internacionais en materia cultural. A partir de 2011 as competencias culturais que permanecían no estado e non foran transferidas ás comunidades autónomas foron traspasadas ao Ministerio de Ed ...

                                               

Cultivo microbiolóxico

Un cultivo microbiolóxico ou cultivo microbiano é un método para multiplicar microorganismos deixando que se reproduzan en medios de cultivo determinados en condicións controladas de laboratorio. Os cultivos microbiolóxicos son fundamentais como métodos de diagnóstico e como ferramenta para a investigación en bioloxía molecular. Os cultivos microbianos utilízanse para determinar o tipo de organismo ou a súa abundancia na mostra. Son un dos métodos de diagnóstico primarios da microbioloxía e utilizada como unha ferramenta para determinar a causa de doenzas infecciosas deixando que o axente ...

                                               

Ministerio de Cultura e Deporte de España

O Ministerio de Cultura e Deporte de España é o departamento ministerial encargado da promoción, protección e difusión do patrimonio histórico español, dos museos estatais e das artes, do libro, a lectura e a creación literaria, das actividades cinematográficas e audiovisuais e dos libros e bibliotecas estatais, a promoción e difusión da cultura en español, así como o impulso das accións de cooperación cultural e, en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, das relacións internacionais en materia de cultura. Así mesmo corresponde a este Ministerio a pr ...

                                               

Cultura romana

A Cultura romana, tamén denominada cultura da Roma antiga ou civilización romana, foi o resultado dun importante intercambio entre civilizacións diferentes: a cultura grega e as culturas desenvolvidas en Oriente que contribuíron a formar a cultura e a arte dos romanos. Un dos vehículos que máis contribuíu á universalización da cultura romana, que pronto foi a de todo o imperio, foi o uso do latín como lingua común de todos os pobos sometidos a Roma. A duración da cultura romana en sentido estrito foi duns 1.200 anos, pero a súa influencia contínuou até a actualidade.

                                               

Cultura popular

A cultura popular é a cultura vernácula, propia dun pobo. Pode ser definida como calquera manifestación cultural que o pobo produce e participa de forma activa.

                                               

O burro na cultura popular galega

En Melide din que cando unha donicela traba a alguén se agarra de tal xeito que non o solta mentres non orneen sete burros e toquen sete campás de sete igrexas. O mesmo din do lagarto arnau.

                                               

Cultura francesa

Francia é un país de moi rica e diversa cultura que influíu positivamente de gran xeito en Europa e o mundo enteiro. Os seus valores de liberdade, igualdade e fraternidad e a súa Declaración dos dereitos do home e do cidadán, son herdanzas que a humanidade enteira recolle. Francia fixo destacadísimas contribucións á humanidade nos campos das ciencias, as letras, as artes e todos os saberes. Caracterizada polo savoir vivre, ten valiosas tradicións, entre elas a exquisita gastronomía, na que destacan os seus queixos e viños; tamén, a alta costura, e a súa tradición de excelencia en todos os ...

                                               

Casa de América

Casa de América, coñcida tamén coloquialmente como Casa América, é un consorcio creado en 1990 e integrado polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España, a través da Secretaría de Estado de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o Caribe, a Comunidade de Madrid e o Concello de Madrid. Coordínase a través do Consello Reitor, órgano superior de dirección do Consorcio, así como da Comisión Delegada de diio Consello Reitor formada por un representante de cada unha das tres Institucións máis o Director Xeral. Este consorcio ten como sede o Palacio de Linares en Madrid. En decembro de ...

                                               

China (rexión)

Este artigo refírese á civilización chinesa. Para o estado político moderno referido como "China" no seu nome formal e que comprende a China continental, Hong Kong e Macao, véxase República Popular da China. Para o estado político moderno referido como "China" no seu nome formal e que comprende as illas de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu, véxase República da China. Para outros usos, véxase China homónimos. China: Chung¹kuo²) é unha rexión cultural, unha civilización antiga e, dependendo da perspectiva, unha entidade nacional ou multinacional que se estende por gran parte da Asia Oriental. A ...

                                               

¡Copiad, malditos!

¡Copiad, malditos! Derechos de autor en la era digital é un documental español estreado en maio de 2011 e dirixido por Stéphane M. Grueso. O proxecto observa as alternativas de produción audiovisual de licenzas libres en España.

                                               

Europeana

Europeana é un repositorio cultural a nivel europeo. Iniciativa da Unión Europea, é financiada pola European Union’s Connecting Europe Facility e os estados membros da UE. Os servizos prestados son operados por un consorcio liderado pola Fundación Europeana baixo un contrato de servizo coa Comisión Europea. A 27 de marzo de 2019 daba acceso a 58 207 042 arquivos dixitalizados - libros, música, material gráfico, etc. - de coleccións culturais europeas, dispoñendo de ferramentas de procura propias. As diversas coleccións que compoñen o conxunto tamén teñen de xeito interno galerías multimedi ...

                                               

Identidade cultural

Identidade cultural é o conxunto de valores, tradicións, símbolos, crenzas e modos de comportamento que funcionan como elementos dentro dun grupo social e que actúan para que os individuos que o forman poidan fundamentar o seu sentimento de pertenza, que forman parte da diversidade no interior das mesmas en resposta aos intereses, códigos, normas e rituais que comparten ditos grupos dentro da cultura dominante.

                                               

Intersistema cultural

Un intersistema cultural é un conxunto de sistemas que comparten materiais e normas comúns na súa produción cultural, de maneira que os elementos que os compoñen sexan suficientes para seren interpretados como singulares en relación a outros sistemas e alicercen fluxos relativamente importantes entre si. O teórico estoniano Naftoli Bassel fala de sistema interlitario, entendendo este concepto como un conxunto de áreas internacionais que comparten espazos lingüísticos, étnicos ou políticos comúns. Así, o prefixo inter reflicte a forte cohesión cultural entre os sistemas asociados. Este conc ...

                                               

Liceo

Un liceo é un centro de ensino, xeralmente institucionalizado dentro do sistema de educación media de moitos países, aínda que tamén pode designar asociacións culturais de índole diversa. O nome provén do Liceo, fundado por Aristóteles na Antiga Atenas, onde xurdiu a escola peripatética.

                                               

Sepultura (enterramento)

Para outros significados ver Sepultura. Unha sepultura é o lugar onde se enterra a unha persoa ou animal tras a súa morte. Xeralmente as sepulturas agrúpanse nun cemiterio, e a súa situación está sinalada por unha lápida. As sepulturas son comúns a case todas as culturas humanas, con diferenzas en canto a ritos e decoracións, dependendo das crenzas con respecto á morte e a existencia despois dela. Algunhas culturas, como a exipcia, sepultaban aos seus mortos con todas as súas posesións terreais, pensando que as necesitarían no máis alá.

                                               

Sociedade civil

O termo sociedade civil, como concepto da ciencia social, designa á diversidade de persoas que, con categoría de cidadáns e xeralmente de maneira colectiva, actúan para tomar decisións no ámbito público que consideran a todo individuo que se acha fóra das estruturas gobernamentais. A sociedade civil concíbese como o espazo de vida social organizada que é voluntariamente autoxenerada, independente, autónoma do estado e limitada por unha orde legal ou xogo de regras compartidas. Involucra a cidadáns actuando colectivamente nunha esfera pública para expresar os seus intereses, paixóns e ideas ...

                                               

Tradición

Tradición é cada un daquelas pautas de convivencia que unha comunidade considera dignas de constituírse como unha parte integral dos seus usos e costumes. A tradición adoita versar xenericamente sobre o conoñecemento e tamén sobre principios ou fundamentos socioculturais selectos, que por consideralos especialmente valiosos ou acertados preténdese que se estendan ao común, así unhas xeracións os transmitirán ás seguintes a fin de que se conserven, se consoliden, se adecúen a novas circunstancias. Tamén se chama tradición aos patróns que poden formar idiosincrasias, como as tradicións: exip ...

                                               

Cool (estética)

A estética ou actitude cool, é un comportamento, aparencia ou estilo, influenciado e como produto da expresión xermana Zeitgeist. Por mor dos variados cambios nas connotacións do termo, ademais da súa natureza subxectiva, non se pode establecer un único significado para a palabra. Frecuentemente adoita empregarse coma unha expresión de admiración ou aprobación. Malia ser percibida coma un termo coloquial ou informal, este é empregado por unha grande amplitude de grupos sociais.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →