Back

ⓘ Arte



                                               

Arte da antigüidade

A arte antiga ou arte da antigüidade é a arte da Idade Antiga. A historia da arte antiga é a división da historia da arte que se centra no seu estudo e interpretación formal, técnica, estrutural, e ideolóxica e na súa explicación histórica; aínda que a arqueoloxía é a ciencia histórica cuxo obxecto é a cultura material da que as obras de arte son a manifestación máis valiosa, e é a encargada do seu descubrimento e análise contextual. A súa delimitación cronolóxica vai dende o comezo da Historia aproximadamente o IV milenio no Próximo Oriente e Exipto ata a caída do Imperio Romano de Occide ...

                                               

Historia da arte

A historia da arte é unha disciplina que estuda a evolución das expresións artísticas, a constitución e a variación das formas, dos estilos, dos conceptos transmitidos a través das obras de arte ao longo do tempo. O termo historia da arte acostuma a designar o conxunto das obras dunha época, país ou escola das artes visuais. A arte é a expresión do momento, sexa histórico ou persoal. Os historiadores de arte procuran determinar os períodos que empregan un certo estilo estético por movementos. A arte rexistra as ideas e os ideais das culturas e etnias, sendo, así, importante para a comprens ...

                                               

Arte marcial

Unha arte marcial é un conxunto de técnicas, filosofías e tradicións de combate cuxo obxectivo é someter ou defenderse mediante a técnica. Cada arte marcial é herdeira dunha determinada tradición e constitúe un todo coherente en que as técnicas son debidamente encadradas por conceptos filosóficos e por rituais tradicionais. Os diferentes estilos e escolas de artes marciais exclúen o emprego de armas de fogo e outro armamento moderno. En cada especialidade ou loita, temos a graduación en niveis de acordo coa evolución do practicante tanto no campo práctico como tamén no filosófico. Case sem ...

                                               

Arte (pesca)

Unha arte de pesca é un mecanismo, instrumento ou ferramenta que se usa na actividade mariñeira. Malia ter moi diversas tipoloxías, esta denominación úsase colectivamente para todos aqueles medios que presenten esta función na actividade pesqueira, precisamente porque a actividade extractiva tamén presenta moitas modalidades.

                                               

Arte pop

A arte pop ou a pop-art foi un movemento artístico xurdido a fins da década de 1950 en Inglaterra cuxas características son o emprego de imaxes e temas tomados do mundo da comunicación de masas e a súa aplicación á pintura. Pódese dicir que subliña o valor iconográfico da sociedade de consumo. O termo "pop-art" foi utilizado por primeira vez polo crítico británico Lewwis Gennig en 1962 para definir a arte que algúns xoves estaban facendo co emprego de imaxes populares. Pode afirmarse que a pop-art é o resultado dun estilo de vida, a manifestación plástica dunha cultura pop caracterizada po ...

                                               

Arte paleolítica

O Paleolítico é a etapa máis longa na historia do ser humano. Durante este período, os nosos devanceiros vivían da caza e da recolección de vexetais, asociábanse en tribos e as súas ferramentas eran de pedra tallada, madeira e óso. A arte nace no Paleolítico superior, pouco despois do ano 35 000 a. de C., cando os seres humanos modernos poboaban practicamente todo o globo terráqueo. Con todo, as súas manifestacións fundamentais, por non dicir case as únicas, parecen reducirse a Europa, ao sur do límite que marcarían os xeos durante a Glaciación de Würm. A arte mural das covas chamada arte ...

Barbotina
                                               

Barbotina

A barbotina é unha pasta cerámica líquida que pode aplicarse con pincel ou cunha forma para crear decoracións en relevo sobre pezas de olaría. A barbotina faise coa mesma arxila que o resto da peza, aínda que máis diluída. Utilízase tamén para colar na vasilla pedazos de terra aínda húmida.

Colaxe
                                               

Colaxe

A colaxe é unha técnica artística baseada en ensamblar diferentes elementos nun todo unificado. O termo provén do francés coller, que significa pegar. Aplícase fundamentamente á pintura, pero por extensión pode referirse a calquera outra manifestación artística, como a música, o cine, a literatura ou a videocreación.

                                               

Google Arts & Culture

O Google Arts & Culture é un sitio web que presenta unha recompilación de imaxes en alta resolución de obras de arte expostas en varios museos do mundo, así como un percorrido virtual polas galerías nas que se atopan. O proxecto foi posto en servizo por Google o 1 de febreiro de 2011 con 1061 obras de dezasete museos, entre os que se atopan o Tate Britain de Londres, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, e a Galería Uffizi de Florencia.

Guía de estilo da MHRA
                                               

Guía de estilo da MHRA

A Guía de estilo MHRA é amplamente utilizado por académicos e publicacións nas áreas das artes e Humanidades, publicada pola Modern Humanities Research Association. A guía pode baixarse gratuitamente desde o sitio da MHRA.

Lenzo
                                               

Lenzo

O lenzo é un soporte feito de tea que normalmente ten un bastidor para poder tensalo e emprégase para pintar enriba. Acostuman ser de algodón ou de liño: o algodón ten unha cor máis clara, unha trama menos compacta e é máis económico; o de liño é máis ríxido, de cor gris ocre un pouco escura e considérase a mellor tea para pintar ao óleo.

Ornamento
                                               

Ornamento

Un ornamento é un elemento ou composición que serve para embelecer persoas ou cousas. O variado conxunto de enfeites empregados polos artistas para embelecer obxectos ou obras arquitectónicas pode distribuirse en dúas clases: simples e compostos. Os primeiros consisten nun só motivo, xa illado, xa repetido e combinado con outro en serie. Os segundos, son unha combinación dos elementais.

                                               

Retrospectiva

Retrospectiva é unha celebración de eventos ocorridos, normalmente organizada ao final do ano referente aos acontecementos ocorridos ao decorrer de dito ano. Tamén pode facer referencia á vida ou carreira dunha persoa dedicada á arte. Así mesmo pode empregarse en calquera outro campo, como o da bioloxía ou a ecoloxía, en relación a estudos ao respecto de feitos acontecidos no pasado.

Tate Britain
                                               

Tate Britain

A Tate Britain é parte da rede de galerías Tate en Gran Bretaña, xunto coa Tate Modern, a Tate Liverpool e a Tate St Ives. Foi o primeiro destes museos en ser estabelecido, abrindo en 1897. Alberga unha importante colección de obras de J.M.W. Turner. Colabora dende febreiro de 2011 co proxecto de Google chamado Google Art Project.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →