Back

ⓘ Xeografía de Galicia



                                               

Xeografía de Galicia

A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 574.4 km².

                                               

Xeografía

A xeografía a Terra e "γραφειν" describir, debuxar) é a ciencia que ten por obxectivo o estudo e a representación gráfica da superficie terrestre así como a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe. Tamén estuda a relación recíproca entre a superficie terrestre e a Lúa e o Sol, e entre os humanos e o ambiente. Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza. A natureza enténdese aquí como as forzas que xeraron ou contribúen a moldear o espazo xeográfico, é dicir, a dinámica e interaccións que existen entre a atmosfera, litosfera, hidrosfera e biosfera. O p ...

                                               

Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela foi fundada ano 1974, a partir da antiga Facultade de Filosofía e Letras na que o peso da licenciatura de Xeografía e Historia era fundamental, por ser a única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela desde a súa fundación en 1922 até ben entrados os anos 1970, cando se creou a licenciatura en Filoloxía románica.

                                               

Pataca de Galicia

A pataca de Galicia é unha indicación xeográfica protexida creada para destaca-la excelencia da pataca obtida en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre con tódolos requisitos esixidos neste. O tubérculo definido como Pataca de Galicia correspóndese coa especie Solanum tuberosum L., da variedade cultivada "Kennebec", destinada ao consumo humano. Esta denominación de orixe abrangue unha superficie agrícola situada anualmente en torno ás 1.500 a 1.800 hectáreas de cultivo. O terceiro domingo do mes de setembro, celébrase a festa da pataca no concello cor ...

                                               

Indicación Xeográfica Protexida

A Indicación Xeográfica Protexida é un nome empregado para designar un produto agrícola, alimenticio ou doutro tipo, que posúe unha orixe xeográfica determinada e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar de orixe. Habitualmente, consiste no nome da localidade, rexión ou país de orixe de tales produtos. Debido a que as calidades do produto proveñen do medio xeográfico no que se elaboran, a indicación xeográfica supón un viorto entre o produto e o lugar de orixe.

                                               

Cabo (xeografía)

En xeografía, un cabo é un accidente xeográfico formado por unha masa de terra que se proxecta deica o interior do mar; recibe este nome cando a súa influencia sobre o fluxo das correntes costeiras é grande, provocando dificultades para a navegación. Algúns cabos débenlle a súa sona por ser a característica a máis salientable, como o cabo de Fornos. Tamén se poden denominar como "puntas" aqueles cabos de pequenas dimensións ou con extremos moi agudos. En España destacan o Cabo Fisterra, a Punta de Tarifa e o de Estaca de Bares, entre outros. A navegación realizada entre cabos sen a perda d ...

                                               

Accidente xeográfico

Un accidente xeográfico é unha particularidade xeomorfolóxica no relevo do planeta Terra, tanto na formación de solos continentais e costeiros. Os accidentes xeográficos adoitan clasificarse por características tales como a elevación, pendente, orientación, estratificación, formación rochosa e tipo de solo. Varios factores, desde a tectónica de placas até a erosión e a sedimentación, poden xerar e alterar accidentes xeográficos. Factores biolóxicos tamén poden influír neles, como é o caso das plantas no desenvolvemento das dunas e os saladares, e dos corais e algas na formación de arrecifes.

                                               

Copa Galicia (baloncesto)

A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.

                                               

Proxecto Galicia

O Proxecto Galicia é un proxecto editorial de Hércules de Edicións que comezou a publicarse en 1992, consistente nunha enciclopedia temática cuxo principal obxectivo é escolmar información referida á cultura galega e dispoñela dunha maneira útil para o lector medio. En 2007 foi recoñecido coa Medalla Castelao que outorga a Xunta de Galicia, pola súa consideración de "un empeño editorial sen precedentes".

                                               

Galicia estremeira

Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.

                                               

Rosa María Cid Galante

Rosa María Cid Galante, nada en Ourense en 1966, é unha profesora e investigadora ourensá. Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, título que acadou coa tese de doutoramento Muller e educación en Ourense 1900-1930, dirixida por Carmen Benso Calvo. Tamén é Diplomada en Educación Xeral Básica EXB e licenciada en Psicopedagoxía. Exerce como profesora titular do Departamento de Xeografía e Historia no Centro de Educación para Adultos EPAPU de Ourense e tamén foi profesora asociada na Facultade d ...

                                               

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo o 17 de novembro de 1919 e finado en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

                                               

A Fraga do Curral

A Fraga do Curral é un espazo natural situado na parroquia de Castrelo de Abaixo, no concello de Riós, na fronteira entre Galicia e Portugal. É un promontorio rochoso que domina o val fluvial de Trambolosríos, con abundantes penedos graníticos e formacións de filitas. Aínda que se atopan numerosas especies vexetais autóctonas, a fraga destaca polo seu bosque de piñeiros, froito dunha repoboación forestal realizada na década de 1940, e na que participaron numerosos veciños. A zona da Fraga do Curral tamén é o refuxio de varias especies como perdices e xabaríns, e dende fai varios anos const ...

                                               

Cantís de Loiba

Os cantís de Loiba son uns cantís singulares de interese turístico da costa galega que se encontran na parroquia de Loiba, no municipio de Ortigueira, provincia da Coruña.

                                               

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é un organismo de conca intercomunitaria creado polo Real Decreto 266/2008, ao modificar esta norma a Confederación Hidrográfica do Norte e dividila na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a do Cantábrico, sendo cada unha destas dúas últimas no seu ámbito territorial a sucesora a título universal nos bens, dereitos e obrigacións da Confederación Hidrográfica do Norte. A Lei de Augas defínea como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia e distinta do Estado, adscrito a efectos administrativos ao Ministerio de Medio Ambie ...

                                               

Depresión Meridiana

A Depresión Meridiana é unha formación natural da xeografía de Galicia. Esta depresión xeolóxica podería ter a súa orixe nunha falla, e vai de norte a sur desde a costa atlántica en Razo até o río Miño ao seu paso por Tui, a unha lonxitude de 8º 40 oeste. Está formada por unha liña de fracturas que se encaixan nas bocas da ría de Arousa, a ría de Pontevedra e a ría de Vigo, onde comeza a desembocadura dos ríos Ulla, Lérez e Verdugo respectivamente.

                                               

Descrición do Reino de Galicia

Descrición do Reino de Galicia é unha obra en lingua castelá de Bartolomé Sagrario de Molina redactada en 1549 e publicada en Mondoñedo en 1550 co título orixinal de Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del. Trátase dunha descrición do Reino de Galiza redactada polo devandito licenciado Molina, un dos primeiros licenciados en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e malagueño de orixe. A obra foi traducida ao galego e publicada en 2003 por Editorial Toxosoutos.

                                               

Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal

A Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal é un texto do ilustrado coruñés José Cornide Saavedra, redactado en 1764.

                                               

As Frieiras

As Frieiras é unha comarca natural galega situada no sueste da provincia de Ourense. A súa superficie coincide a grandes liñas co territorio dos municipios da Mezquita, A Gudiña e Riós, polo que suma 390 km² e 3.793 habitantes en 2019.

                                               

Geografía General del Reino de Galicia

Geografía General del Reino de Galicia é unha enciclopedia en seis tomos, dirixida por Francesc Carreras i Candi e publicada en Barcelona en 1928 pola editorial Alberto Martín. A obra foi reeditada en 1980 en 13 tomos.

                                               

Nomenclátor de Galicia

O nomenclátor de Galicia é un corpus toponímico desenvolvido pola Xunta de Galicia que regula os topónimos oficiais dos lugares, parroquias e concellos de Galiza.

                                               

Penedos de Pasarela e Traba

Os penedos de Pasarela e Traba é unha paisaxe protexida galega xa que é un afloramento granítico singular. Atópase entre os concellos de Vimianzo e Laxe, cos seus límites de oeste a leste pasando pola Galla da Pena Forcada e rematando ao norte pola Torre da Moa e a Pena Forcada e ao sur pola Pedra da Cachucha. O granito rosado de toda esta zona chega até a costa creando formas de obxectos ou animais.

                                               

Portela da Canda

42°2′1″N 6°57′53″O A Canda é unha portela entre a serra Segundeira, ao norte, e a serra de Marabón, ao sur, que comunica a comarca de Viana, na provincia de Ourense coa de Seabra, na provincia de Zamora. Está situada a unha altitude de 1.259 m. O camiño que salva este alto é unha pasaxe usada de vello na comunicación entre Galicia e a Meseta. Neste punto consérvase un pequeno treito da primitiva estrada ZA-106, que foi substituída pola nacional N-525 cando, en 1975, se abriu a variante entre Padornelo e A Canda, que pasou a acurtar o traxecto de 21 a 11.5 km. Dende 2003, a inauguración do ...

                                               

Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño, na zona sur da provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense; a capital da cal acordouse que fose a cidade lucense de Monforte de Lemos. O 5 de abril de 2019 foi aprobado polo Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura a súa candidatura a lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco. A decisión tomaráse no 45º Comité de Patrimonio Mundial, ano 2021.

                                               

Tecor societario

Un TECOR societario é un tipo de TECOR promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.

                                               

Terra de Montes

Para a comarca actual, véxase Comarca de Tabeirós - Terra de Montes A Terra de Montes é unha comarca histórica galega situada entre as actuais provincias de Pontevedra e Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo hoxe integrado no de Cerdedo-Cotobade e Forcarei, na provincia de Pontevedra, e mais Beariz, na provincia de Ourense. Ademais destes tres concellos, a comarca está integrada tamén pola parroquia de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín. Non ...

                                               

Terreo Cinexeticamente Ordenado

Un Terreo Cinexeticamente Ordenado é unha área do territorio galego susceptible de aproveitamento cinexético que fose declarada e recoñecida como tal pola Consellería do Medio Rural. Esta categoría territorial naceu coa Lei de Caza de Galicia de 1997, substituíndo os antigos cotos de caza.

                                               

Topónimos célticos en Galicia

A toponimia céltica de Galicia é a totalidade de topónimos de lugares antigos e actuais, ríos ou montañas que se crearon coa lingua céltica e polo tanto teñen etimoloxía céltica, e que están ou estaban situados dentro dos límites da Galicia actual.

                                               

Topónimos galegos en -obre

En Galicia, especialmente no Golfo Ártabro e no Val do Ulla, existe un grupo de topónimos rematados en - obre. Segundo Moralejo, están son continuacións medievais e modernas de formas antigas en - bris. Están relacionadas xa que logo as terminacións - briga, - brix, -bris, -bria e - bre.

                                               

Trambolosríos

En Trambolosríos xúntanse o río Arzoá e o río Mente, que constitúen a marca de fronteira. É un lugar de grande importancia ecolóxica, natural e paisaxística, que linda co Parque Natural Montes do Invernadeiro en Portugal. O lugar atópase no fondo dun val fluvial, arrodeado por pronunciadas ladeiras e cortados de filitas. Hai varias décadas o lugar empregábase como paso entre España e Portugal, pero actualmente atópase en desuso, e os antigos camiños foron invadidos pola maleza. Trambolosríos destaca pola súa paisaxe natural, cun frondoso bosque de especies autóctonas e sobre todo piñeiros, ...

                                               

Vixía de Herbeira

Vixía Herbeira é un punto da costa galega, o punto máis alto da serra da Capelada, onde se achan os cantís cunha maior cota sobre o nivel do mar da Europa continental, con 613 metros sobre o mesmo, e o cuarto de maior altura de Europa, tralos de Hornelen, Cabo Enniberg e Croaghaun. Outros de altura semellante son Preikestolen, Slieve League e Cabo Girão. Os cantís de Herbeira teñen un 80% de pendente.

                                               

Xeografía da Pobra do Brollón

O concello da Pobra do Brollón ten unha superficie de 174.8 km 2, situados entre a depresión de Lemos ó oeste, e a Serra do Courel ó leste. Dende o punto de vista físico, está caracterizado pola súa topografía montañosa, de fortes elevacións que van descendendo de leste a oeste. As principais unidades de relevo son dúas: a depresión de Lemos, no sector occidental, e a Serra do Courel, no oriental. O Macizo do Courel está formado por unha serie de serras con perfiles sinuosos. Unha destas serras é a Serra de Trapa, as máximas altitudes da cal superan os 1.200 metros, como é o caso do monte ...

                                               

Xeoloxía de Galicia

A xeoloxía de Galicia é o estudo das formacións rochosas de Galicia, a súa litoloxía, estruturas tectónicas, historia e demais características. En Galicia a maioría das rochas son ígneas e metamórficas de idade moi antiga, xa que a maioría son paleozoicas e algunhas mesmo precámbricas, e hai menos materiais máis modernos. O territorio galego forma parte do Macizo Ibérico ou Hespérico, que é de orixe herciniana e forma o núcleo de toda a península Ibérica. Ao longo da súa historia xeolóxica nos territorios que hoxe son Galicia producíronse choques continentais, que orixinaron supercontinent ...

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →