Back

ⓘ Política de Galicia



                                               

Política

Política é a teoría, arte ou doutrina referente ao goberno dunha comunidade, o cal implica un proceso ou actividade de toma de decisións que se aplican a todos os membros dun grupo para a consecución duns obxectivos orientados ao ben común. A ciencia política constitúe unha rama das ciencias sociais que se ocupa da actividade dunha sociedade, composta por cidadáns libres, para resolver os problemas que lle plantea a súa convivencia colectiva

                                               

Ciencia política

A ciencia política é a ciencia social que estuda empiricamente a política nas súas diversas dimensións. Polo tanto, o estudo da política é o observable, non está referido ó que debería ser a política como tipo ideal ou conduta desexada: ese papel cúmpreo a filosofía política. Tampouco é o estudo dos elementos formais da política como o son as leis, a súa formación e as súas intencións, tarefa da xurisprudencia. A ciencia política ten en conta o comportamento político efectivo e observable das persoas e as sociedades. O termo "ciencia política" foi alcuñado en 1880 por Herbert Baxter Adams, ...

                                               

Delegación do Goberno en Galicia

2012-2016: Antonio Coello Bufill 1997-2004: Alejandro Millán Mon No cargo dende 2018: Carmen Larriba García 2004-2012: Delfín Fernández Álvarez 2017-2018: Ana María Ortiz Álvarez

                                               

Consello de Forzas Políticas Galegas

Foi creada por iniciativa da Unión do Povo Galego e integrada ademais polo Partido Socialista Galego e o Partido Galego Social Demócrata, posteriormente uníronse o Partido Carlista de Galicia e o Movemento Comunista de Galicia, a entrada nesta última provocou a ruptura do CFPG, xa que o MCG negouse a que os seus membros saísen de Comisións Obreiras, como reacción a UPG e o PGSD deixaron o Consello en outubro de 1976, aínda que o asunto de fondo era a relación coas plataformas democráticas do estado que para a UPG e PGSD tiñan que ser puntuais e tácticas mentres os outros partidos pretendía ...

                                               

Galeguismo (política)

O galeguismo é unha ideoloxía política de tipo nacionalista que ten como obxectivo a soberanía de Galiza mediante a creación de institucións propias.

                                               

Isca (política)

Constituída o 16 de xullo de 2006 en Santiago de Compostela, en Isca! participa un grupo de militantes escindidos da UMG en xaneiro de 2006, conxuntamente con outros sectores críticos de esquerda dentro de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG e militantes do movemento estudantil nacionalista. A súa primeira aparición pública tivo lugar o 25 de xullo de 2006, día da Patria, na manifestación convocada polo BNG. Isca! articúlase como organización xuvenil do Movemento Galego ao Socialismo, partido comunista e independentista integrado no BNG.

                                               

Lista de monarcas de Galicia

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de ...

                                               

Secretaría Xeral de Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística é un órgano da Xunta de Galicia encargado da regulación do idioma galego. É un órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O seu titular actual é Valentín García Gómez.

                                               

Corporación de Radio e Televisión de Galicia

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de Galicia. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas Televisión de Galicia S.A. e Radio-televisión de Galicia S.A. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.

                                               

Consello de Galiza

O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar os deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio e que pretendía actuar na práctica como un goberno galego no exilio, lexitimado polo Estatuto de autonomía que se sometera a plebiscito en 1936, pero sen chegar a constituírse formalmente como a Xunta que prevía o propio Estatuto. A iniciativa da constitución do Consello de Galiza foi de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, influído polo pensamento de J ...

                                               

Día Nacional de Galicia

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

                                               

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 11ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento do País Vasco. A comezos de febreiro de 2020, a posibilidade dun adianto electoral no País Vasco para o 5 de abril xerou especulacións sobre se o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estaría disposto a adiantar as eleccións galegas para celebralas conxuntamente coas vascas, como ocorrera nos comicios de 2009, 2012 e 2016, malia ...

                                               

Mareas cidadás

As mareas cidadás son un tipo de formación política creado para as Eleccións municipais de 2015 en Galicia. Aínda que poden tomar a forma xurídica de partido político, coalición ou agrupación de electores caracterízanse pola diversidade de membros de asociacións que as compoñen. Os candidatos se elixen por votación directa se someten a votación todas as decisións importantes tomadas no concello ou na formación durante toda a lexislatura. Por funcionalidade, pode ser que decisións pequenas as tomen directamente un grupo máis reducido de traballo.

                                               

Nacionalidade histórica

Nacionalidade histórica é un termo empregado decote tanto pola clase política como pola sociedade civil para facer referencia a unha serie de nacións dentro estado, dotándoas dun recoñecemento como cultura diferenciada.

                                               

Primeira República Galega

A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.

                                               

Distrito electoral da Estrada

O Distrito electoral da Estrada foi unha demarcación electoral vixente dende 1872 ata 1923. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos da Estrada, Cerdedo, Forcarei e Silleda.

                                               

Distrito electoral de Ortigueira

O Distrito electoral de Ortigueira foi unha demarcación electoral vixente dende 1847 ata 1923 con dúas interrupcións de 1853 a 1857, de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ortigueira, que naqueles tempos abranguía as parroquias do actual concello de Cariño, Cerdido e Mañón.

                                               

Distrito electoral de Pontedeume

O Distrito electoral de Pontedeume era unha demarcación electoral vixente desde 1847 ata 1923 con dúas interrucións de 1853 a 1857, de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Castro, Fene, Monfero, Mugardos, Neda, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →