Back

ⓘ Personalidades de Galicia



                                               

Lista de personalidades galegas en selos do mundo

Esta é unha lista de mulleres e homes galegos que apareceron nos selos de correos do mundo desde 1926 até xuño de 2013, sendo un total de 44 personalidades. Inclúese na lista o ano e o país nos que apareceron. Nesta lista aparecen persoas que naceran no territorio do Condado Portucalense antes do ano 1128, data na que Afonso Henriques independiza o condado de Portugal do Reino de Galiza. Xunto aos seus nomes levan as iniciais Condado Portucalense.

                                               

Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.

                                               

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

                                               

Galicia Confidencial

Galicia Confidencial é un xornal galego que comezou a editarse en 2003 en formato blog. Foi fundado por Xurxo Salgado. Actualmente é un dos xornais en galego de referencia, sendo un dos sitos web máis visitados en Galicia. ano 2017, segundo a clasificación global de Alexa, Galicia Confidencial ocupaba o terceiro posto entre os xornais de Galicia, só superado polos sitios web de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. En canto ó seu financiamento, os orzamentos do xornal fornécense na meirande parte de microachegas proporcionadas polos propios lectores, así como doazóns anónimas e subscricións ao ...

                                               

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia é a rama galega do Partido Popular español. ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

                                               

Xunta Superior de subsidios, armamento e defensa de Galicia

ano 1809, despois de que os exércitos napoleónicos foran expulsados de Galicia, a súa presenza en España e a posibilidade dunha nova ofesiva sobre Galicia fixeron que varias personalidades e institucións pensaran que sería oportuno crear unha Xunta en previsión do que puidera ocorrer. Aínda que o conde de Noroña era contrario á instalación desta Xunta, o Goberno de España Xunta Suprema Central creu oportuna a súa constitución, tal como solicitaban as forzas vivas do país.

                                               

As dúas Marías

As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto, é o nome co que se coñece en Santiago de Compostela a parella formada polas irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, representadas dende 1994 nunha célebre escultura situada no parque da Alameda.

                                               

Pilar Bahamonde

Pilar Bahamonde y Pardo de Andrade nada en Ferrol o 15 de outubro de 1865 e finada en Madrid o 28 de febreiro de 1934, foi unha muller da burguesía ferrolá.

                                               

Herminia Borrell

Herminia Elena Josefa Rodríguez-Borrell Feijóo, nada en Camariñas en 1897 e finada o 18 de febreiro de 1971, foi unha muller da alta burguesía galega coñecida polo seu casamento en 1922 co magnate Nubar Gulbenkian, fillo do filántropo Calouste Gulbenkian.

                                               

Elvira Cienfuegos López

Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no instituto Xelmírez II de Santiago de Compostela. Militante do BNG, presentouse ás eleccións xerais de 2008 pola Coruña. Foi concelleira no concello de Santiago de Compostela entre 2003 e 2011; primeiro como concelleira de Educación e Mocidade e dende 2007 á fronte da Concellaría de Medio Ambiente e desenvolvemento sostible. En abril de 2017 foi elixida responsable comarcal do BNG para a área de Santiago. Ten longa traxectoria no movemento ecoloxista en Galicia a través da súa relación coa asociación ADEGA. En 2015 aparece como vocal no padroado inicial ...

                                               

Ignacio Echeverría

Ignacio Echeverría Miralles de Imperial, nado nas Pontes o 25 de maio de 1978 e asasinado en Londres o 3 de xuño de 2017 foi un empregado de banca galego, coñecido por enfrontarse aos terroristas do Atentado de Londres de xuño de 2017.

                                               

Manuel Espiña Gamallo

Manuel Espiña Gamallo, nado en Santa María de Folgoso o 25 de xullo de 1933 e finado en Pontevedra o 28 de febreiro de 2010, foi un sacerdote, teólogo, pedagogo, escritor e promotor e defensor do uso da lingua galega no seo da Igrexa e do achegamento e compromiso do catolicismo coa realidade galega.

                                               

Pedro Fernández de Castro y Andrade

Pedro Fernández de Castro, Andrade e Portugal, nado en Monforte de Lemos en 1560 e finado en Madrid en 1622, foi o VII conde de Lemos, IV Marqués de Sarria, V Conde de Villalba, III de Andrade e Grande de España de primeira clase.

                                               

Pilar Franco

Pilar Franco Bahamonde, nada en Ferrol o 27 de febreiro de 1895 e finada en Madrid o 6 de xaneiro de 1989, foi unha muller galega, coñecida por ser irmá do ditador Francisco Franco Bahamonde.

                                               

Garcí López de Chinchilla

Garcí López de Chinchilla foi un letrado castelán, membro do Real Consello de Castela, nado na segunda metade do século XV. Baixo o mando dos Reis Católicos interveu en diversas cuestións políticas de orde interna no reino de Galiza así coma en Biscaia como comisionado ou xuíz dos monarcas católicos. Destacan entre estas comisións as efectuadas en 1483, 1486, 1487 e 1488, todas elas no señorío vasco. No reino de Galiza, acompañou ao vicerrei Fernando de Acuña e ao converso-francés Mudarra, ao mando de 300 lanzas castelás na campaña de "doma" de Galiza.

                                               

Manfred Gnädinger

Manfred Gnädinger, coñecido como Man ou O alemán de Camelle, nado en Radolfzell o 27 de xaneiro de 1936 e falecido en Camelle o 28 de decembro de 2002, foi un pintor e escultor ermitán de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle. Tratou de levar unha vida o máis sinxela e natural posible, creando unha peculiar paisaxe de pedra preto da praia onde vivía e coidando o seu pequeno xardín.

                                               

Lope Gómez de Marzoa

Lope Gómez de Marzoa natural de San Martiño de Marzoa, no actual concello de Oroso, foi o principal precursor do que na actualidade é a Universidade de Santiago de Compostela.

                                               

Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira

Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, nado en Viveiro en 1539 e finado no mar de Célebes o 19 de outubro de 1593, foi un político, diplomático e militar galego do século XVI. Foi gobernador das Filipinas, onde fundou a cidade de Dasmariñas.

                                               

Gómez Pérez das Mariñas III

Gómez Pérez das Mariñas III foi un nobre galego do século XVI, fillo de Ares Pardo das Mariñas, señor de Parga e Cillobre, de Tareixa de Vázquez, señora da Pobra do Caramiñal. Era bisneto de Gómez Pérez das Mariñas I e sobriño de Gómez Pérez das Mariñas II.

                                               

Irmás Touza

As irmás Touza foron tres mulleres de Ribadavia que na década de 1940 colaboraron nunha rede de apoio para axudar os fuxidos do nazismo cruzando a fronteira de Portugal.

                                               

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina. A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á Arxentina. A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a ...

                                               

Alicia Rodríguez Pérez

Comezou a traballar ós 12 anos nunha fábrica de salgados, despois noutra de conservas, ela sempre quixo adicarse ó marisqueo tal como viña facendo a súa nai e seus irmáns. Naqueles tempos o colectivo de mariscadoras aínda non estaba organizado como tal, polo que decidiron formar a Asociación de Mariscadoras de Moaña na procura da posta en valor da súa profesión e os dereitos laborais, como o recoñecemento das enfermidades profesionais, o acceso á seguridade social e o dereito a unha pensión de xubilación. Alicia Rodríguez chegou a ser presidenta da Asociación de Mariscadoras de Moaña duran ...

                                               

José Tojeiro

José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita "me echaron droja en el Cola-cao". Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte. Durante o programa Tojeiro denunciou publicamente o roubo de diñeiro en metálico no seu domici ...

                                               

Carlos Velo

Carlos Velo Cobelas, nado nos Pereiros o 15 de novembro de 1909 e morto en México, onde viviu exiliado, o 1 de marzo de 1988, foi un cineasta galego e figura clave do cinema mexicano.

                                               

Eduardo Villardefrancos

Traballou de profesor de debuxo e foi tamén libreiro, pero en xullo de 1908 abriu na Coruña o salón París. No salón París realizábanse diferentes espectáculos, e posteriormente, dende finais de 1911, adicouse exclusivamente á proxección de filmes. Esta sala foi a primeira sala de cine estable de Galicia, e unha das máis importantes da Coruña durante as primeiras décadas do século XX. Tamén se adicou á produción e a traballar como operador de filmes, gravando varias reportaxes sobre acontecementos sociais da cidade da Coruña. Algúns dos que se proxectaron foron: La Semana Santa en La Coruña ...

                                               

Xan Quinto

Antonio Rodríguez Otero, coñecido como Xan Quinto e ás veces tamén como Xoán Quinto, nado posibelmente en Rianxo en 1847 e finado en Portugal, foi un bandoleiro mítico galego. A lenda conta que foi procesado por varios xulgados entre 1870 e 1880 e que a súa sona chegou até o sur da Península Ibérica así como incluso até algúns territorios de Suramérica. Ao igual que Robin Hood en Inglaterra ou a mesma Pepa a Loba en Galiza, Xan Quinto representa o prototipo de ladrón sanguinario cos ricos, e xeneroso e nobre cos pobres. Foi trasladado á literatura por figuras do talle de Valle-Inclán, co s ...

                                               

Xaquín das Herbas

Xaquín das Herbas, finado en 1958, foi un ermitán galego que viviu entre os anos 1936 e 1958 no concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo a tradición oral vivía nun carballo oco ao carón do río Eume, de forma autosuficiente, fabricándose el mesmo a roupa con peles e alimentándose a base de insectos, herbas e raíces. A súa orixe é descoñecida, pero sospeitábase que procedía dalgún lugar das provincias de Pontevedra ou Lugo, e que era un canteiro anarquista que fuxira do seu fogar por mor da Guerra Civil. Trala súa morte fíxose unha colecta popular no concello para o pago do seu enter ...

                                               

Premio das Artes e das Letras de Galicia

O Premio das Artes e das Letras de Galicia, concedíao a Xunta de Galicia en recoñecemento a personalidades destacadas na creación artística en Galicia. Creado en 1995, contaba cunha dotación económica que foi dos cinco millóns de pesetas aos 36 000 euros. Foi derrogado en 2006, despois de once edicións.

                                               

Galería de imaxes de eleccións de Galicia

Galería de imaxes de personalidades da política de Galicia Galería de imaxes de escritores en lingua galega Galería de imaxes de personalidades das artes escénicas

                                               

Álbum da Emigración

O Álbum da Emigración, creado a mediados de 2007, é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América.

                                               

Francisco Quijano de Mercado

Francisco Quijano de Mercado foi un eclesiástico castelán, nado a mediados do século XVI, que destacou polo seu labor inquisitorial, sendo o primeiro inquisidor xeneral do reino de Galiza desde 1574 por orde do rei Filipe II.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →