Back

ⓘ Ciencia e tecnoloxía en Galicia



                                               

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.

                                               

Día da Ciencia en Galego

O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galiza, no que o pobo galego fai un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.

                                               

Facultade de Ciencias da Saúde da Coruña

A Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña creouse ano 2001, por transformación da Escola Universitaria de Terapia Ocupacional. A súa sede está situada no Campus da Coruña, no Hospital Marítimo de Oza.

                                               

IGACIENCIA

A Institución Galega da Ciencia, habitualmente coñecida coma IGACIENCIA, é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para a promoción e o desenvolvemento das actividades científicas en Galicia, e que defente o emprego da lingua galega no ámbito científico. Entre os seus fins atópase concienciar sobre a importancia da I+D+i no desenvolvemento de Galicia, achegar á sociedade a investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicas e participar en actividades divulgativas no eido científico. IGACIENCIA foi, xunto con Wikimedia España, a asociación organizadora do Primeiro editat ...

                                               

Ciencias naturais

As ciencias naturais, ciencias da natureza, ciencias físico-naturais, ciencias experimentais ou mesmo historia natural, son aquelas ciencias que teñen por obxecto o estudo da natureza seguindo o método científico, tamén coñecido como método experimental. As ciencias naturais estudan só os aspectos físicos do universo, e non os aspectos humanos do mundo, obxecto das chamadas ciencias sociais ou humanas, diferenciándose por tanto das humanidades, as artes e doutros tipos de saberes, que implican enfoques epistemolóxicos diferentes. As ciencias naturais apóianse no razoamento lóxico e no apar ...

                                               

Consello Superior de Investigacións Científicas

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas ou Consello Superior de Investigacións Científicas, tamén coñecido polo acrónimo CSIC, é un organismo público autónomo estruturador da Ciencia e Tecnoloxía españolas. Pertence ó Ministerio de Ciencia e Innovación. O seu logotipo é a Árbore da Sabedoría.

                                               

Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en Campus da Coruña de Ferrol. A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia e no norte de España como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica en Deseño Industrial, Enxeñería Naval e Oceánica ou Socioloxía.

                                               

Bacharelato

O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas. No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do Ensino Secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos. Pode ser: Ciencias Humanidades e ciencias sociais Arte Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos: Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses. Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como d ...

                                               

Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs. Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.

                                               

Science Centre Delft

O Science Centre Delft é unha institución que alterna o seu papel de museo técnico e científico coas tarefas de investigación, sita na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Organicamente, forma parte da Universidade de Tecnoloxía de Delft. O Science Center Delft amósalles aos visitantes dun xeito participativo o papel da tecnoloxía en temas actuais diversos, como o cambio climático, a seguranza e os xogos informáticos de carácter formativo.

                                               

.gal

O dominio.gal é un dominio de internet de primeiro nivel que forma parte do sistema de dominios de internet patrocinados para a lingua galega e a súa cultura. Foi aprobado oficialmente pola ICANN o 14 de xuño de 2013. O novo dominio é utilizado para webs en galego fundamentalmente, tal e como está determinado nas normas da ICANN. Entrou en funcionamento o 16 de maio de 2014 coa páxina www.dominio.gal.

                                               

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia é un organismo da Xunta de Galicia encargado de desenvolver e executar as políticas da administración galega no eido das tecnoloxías da información e da comunicación e da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

                                               

Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar de Vigo

A Facultade de Bioloxía e a Facultade de Ciencias do Mar de Vigo son centros da Universidade de Vigo, anexadas dentro do "Edificio de Ciencias Experimentais" do Campus das Lagoas - Marcosende.

                                               

Galiciencia

Galiciencia é unha feira anual sobre ciencia orientada para o estudantado galego. Naceu en 2007, e conta co padroado da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Nun principio celebrouse en Ourense, en desde 2010 celébrase en San Cibrao das Viñas, nas instalacións de Tecnópole.

                                               

HumSat-D

HumSat-D é un satélite tipo CubeSat feito pola Universidade de Vigo para formar parte do proxecto HumSat, consistente nunha constelación de satélites de comunicacións para dar cobertura a áreas do planeta sen a infraestrutura de telecomunicacións adecuada. O proxecto HumSat basease na colaboración internacional e está respaldado pola ONU. HumSat-D é un CubeSat estándar de 10 cm de lado e 1 kg de masa baseado no Xatcobeo. Non ten control de actitude nin propulsión e foi despregado desde o satélite UniSat 5. É o primeiro membro de proba da constelación HumSat e o "D" do seu nome quere dicir ...

                                               

Lume-1

O Lume-1 é un Cubesat do tipo 2U, deseñado por Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo, sendo o cuarto satélite no que traballou esta institución e integrado dentro do proxecto FIRE-RS coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique e da Universidade do Porto, co obxectivo da asistencia durante a extinción de incendios.

                                               

Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia

A Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia é un organismo público galego, dependente da Consellería de Sanidade, encargado dos asuntos relacionados cos transplantes de órganos. Foi creada pola Orde do 8 de xuño de 1992, e as súas funcións son as mesmas que as da Organización Nacional de Transplantes, no ámbito da Comunidade Autónoma. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, na Consellería de Sanidade, no Complexo Administrativo de San Lázaro.

                                               

Real Expedición Filantrópica da Vacina

A Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis-Salvany ou Expedición Balmis en referencia ao médico alacantino Francisco Xavier Balmis, foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e que durou desde o 30 de novembro de 1803 até 1806. O seu obxectivo era nun principio que a vacina da varíola chegase a cada recuncho do daquela Imperio Español, xa que a alta mortaldade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos. O rei Carlos IV apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación ...

                                               

Xatcobeo

O XaTcobeo, coñecido ao primeiro como Dieste, é un proxecto de picosatélite da clase CubeSat desenvolvido pola Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo liderado por Fernando Aguado en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. Foi lanzado o 13 de xaneiro de 2012 mediante un foguete VEGA desde o centro espacial de Kourou.

Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →